Onte á tarde publicouse nun sonado blog do grupo Hipertextual unha información (na que non se citaban fontes) na que aseguraban que os Galaxy S4 de cor negro estaban sendo retirados en España por un problema técnico e non se porían á venda esta mañá como estaba previsto.
Desde Mallando no Android puxémonos en contacto con Samsung e aseguráronnos que esas informacións son totalmente falsas e que o Galaxy S4 de cor negro púxose á venda hai escasos 15 minutos tal e como estabra previsto.
Se estades interesados neste terminal, botádelle un ollo a esta outra entrada na que analizamos os prezos