The Phrasal Verb Machine, a nova aplicación educativa de Cambridge University Press

A semana pasada comentámosvos un par de ferramentas de consulta e aprendizaxe dos verbos irregulares en inglés e hoxe facemos o propio cunha aplicación que vén de ser presentada pola Cambridge University Press.
Trátase de The Phrasal Verb Machine, unha aplicación educativa que pretende axudar a aprender os chamados phrasal verbs, unha das cousas que máis dificultades presenta na aprendizaxe do inglés, atendendo aos datos cos que conta a sonada editora.
Grazas a ela, as listaxes tradicionais múdanse por divertidas animacións capitaneadas por unha personaxe creada para a ocasión, O Gran Phraso. Con el poderemos descubrir 100 phrasal verbs, xunto á súa tradución e exemplo de usos en inglés.
Se é que aprender non ten por que ser aburrido… 🙂
Nome da aplicación: The Phrasal Verb Machine
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior.
Desenvolvedor: Cambridge University Press
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply