Samsung presenta a Galaxy Tab 3 con pouca renovación

Samsung deu onte a coñecer a Galaxy Tab 3, a terceira xeración no sector das tablets. E malia que estamos pendentes de que esta renovación sexa total, é dicir, que afecte aos dispositivos de diferente tamaño de pantalla, polo de agora só amosaron a versión de 7 polgadas.
A dicir verdade, poucos cambios hai, mais que unha pequena actualización das características técnicas e un reaxuste das liñas no deseño. Así, estamos a falar dun procesador de 1,2 GHz de dobre núcleo, dobre cámara (1,3 e 0,3 megapíxeles), versións de 8 e 16 GB de memoria interna e tamén WiFi ou WiFi+3G. Neste senso, cómpre sinalar que permite facer chamadas e non unicamnete datos.
A pantalla é, como dixemos, de 7 polgadas, cunha resolución de 1024 x 600 píxeles. En canto ao sistema operativo, vén con Android 4.1 Jelly Bean e a capa TouchWiz de Samsung.
Polo de agora non temos datas de lanzamento nin prezo, pero todo apunta a que será antes do verán.
A pregunta é: é necesario sacar un novo produto se non cambias a penas nada as súas características?

Sobre o autor

Reply