Pois unha vez rematado o sorteo en Facebook chega un novo sorteo, desta vez a través de Twitter. O agasallo, o mesmo, un sticker de Line en forma de peluche grande.
E unha vez máis, participar é moi sinxelo, aínda que vos lembramos que debedes ler as regras e condicións para non ter ningunha dúbida. O dito, para participar tedes que:
- Seguirnos no Twitter (@mallandroid). Se aínda non nos segues, espabila e comeza a seguirnos agora 🙂
- Poñer un tweet que deberá ser tal que así: “ Quero o boneco que sortea @mallandroid para a túa frase http://ir.gl/mallaline “, onde obviamente deberedes personalizar “a túa frase”.
- MOI IMPORTANTE: Cubrir este formulario. [PECHADO]
Regras e condicións
- Por razóns de loxística, este concurso está limitado a territorio galego.
- O concurso remata o domingo 5 de maio ás 23.59 horas.
- O luns 6 de maio á mañá (10 h) publicaremos listaxe de participantes, co número de participación que leva asociado cada un. Haberá de prazo até as 17 h dese mesmo día para facernos chegar solicitudes de corrección á listaxe, caso de ser necesario.
- A ou o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 6 de maio” MOD “número de participantes”.
- Contactarase coa persoa gañadora por correo electrónico. De non recibir resposta nos 7 días seguintes, pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente
- Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
- A participación do concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.