O GDG Vigo organiza un ano máis o Google I/O Extended

Como sabedes, entre o 15 e o 17 de maio celébrase en San Francisco e evento de desenvolvedores Android máis importante, o Google I/O, unha convocatoria que fan extensiva diversos GDG (Google Developers Groups), entre eles o de Vigo.
Así, desde o GDG Vigo organizan unha sesión que terá lugar durane a primeira xornada do I/O 2013, o 15 de maio. Terá lugar na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación do Campus universitario vigués e contará coa seguinte programación:
  • 16.00-17.00h: How to win like a BOSS.
  • 17.15-17.45h: Introdución ao desenvolvemento para Google Glass
  • 18.00-19.30h: Conexión con San Francisco para seguir a keynote en directo.
  • 20.00-21.00h: Hangout con xente desprazada en San Francisco para ter unha visión máis próxima do evento.
Podedes atopar máis información no evento de Google+ que crearon.

Sobre o autor

Reply