O Alcatel One Touch Ultra chega ao mercado español

Xa vos comentaramos cando faláramos de Alcatel durante o Mobile World Congress que as intencións da compañía para este ano xiraban arredor da idea de recuperar mercado ofrecendo unha completa gama de terminais a prezos máis ca interesanes.
Esta semana confirmouse o desembarco en España dun deses dispositivos, o One Touch Idol Ultra, que  en 6,45 mm de grosor agocha un procesdor de dobre núcleo a 1,2 GHz, 8 ou 16 GB de memoria segundo a versión (+ 32 GB extra en microSD), 1 GB de RAM e Android Jelly Bean 4.1 como versión do sistema operativo.
A pantalla é de 4,7 polgadas HS 720p, ten unha cámara principal de 8 megapíxeles (a frontal é de 1.3) e unha batería de 1800 mAh, que a priori semella algo xusta para un terminal con semellante pantalla.
Está dispoñíbel a través da operadora Yoigo por 250 €.

Sobre o autor

Reply