[SORTEO PECHADO] Sorteamos xunto a Energy Sistem unha tablet polos 2000 androides galegos

Queremos celebrar os 2000 seguidores no noso Twitter convosco. E que mellor xeito que cun sorteo? Desta vez o agasallo é unha Energy Tablet S9, cortesía de Energy Sistem
Esta tablet ten unha pantalla de 9 polgadas 16:9, procesador de 1 GHz, 512 MB de RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB, cámara frontal VGA par facer vídeochamadas…
Ademais tamén permite conectar dispositivos USB grazas á función USB-Host. Como sistema operativo trae Android 4.1 Jelly Bean e dispón dunha batería de 5000 mAh.
Pero iso non é todo. A tablet vén xa con funda, auriculares, cables USB-Host e USB 2.0, o adaptador de corrente e unha toalliña para limpala.
Para participar no sorteo teredes que seguir 3 pasos. Todos eles son imprescindíbeis polo que é importante que leades con atención e non deixedes de facer ningún. Así mesmo, a participación conleva a aceptación das regras e condicións que explicitamos máis abaixo.
  1. Seguir a Mallando no Android (@mallandroid) e a Energy Sistem (@EnergySistem) no Twitter. Hai que seguir ambas contas, non vale seguir unha e outra non.
  2. Poñer o seguinte tweet: Eu tamén quero a tablet que sortean @mallandroid e @EnergySistem para celebrar que xa somos 2000 androides galegos! http://ir.gl/2000
  3. Moi importante: cubrir este formulario [SORTEO PECHADO]
Regras e condicións
  1. O concurso limítase xeograficamente a todo o territorio do Estado español.
  2. O concurso remata o domingo 19 de maio ás 23.59h.
  3. O luns 20 de maio á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada un. Haberá de prazo até as 17h dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  4. A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 20 de maio” MOD “número de participantes”.
  5. Os gastos de envío corren a cargo dos organizadores.
  6. Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  7. Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
  8. A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.
Moita sorte!!

Sobre o autor

4 Comments

  1. katxo 15 Maio, 2013 Responder

Reply