Play Games, a plataforma de xogos de Google filtrada antes de tempo

A poucos días de que dea comezo o Google I/O 2013 vense de filtrar unha das principais novidades que serán presentadas, a plataforma de xogos de Google Play Games.
Os usuarios máis xogóns poderán sacarlle todo o partido aos xogos grazas a esta plataforma que conta con un alto grao de integración en Google+ e que permitirá xogos multiusuario e sincronización de partidas entre diferentes dispositivos. Ademais tamén terá un sistema de logros para aumentar a competencia entre os xogadores.
A espera non será longa, esta próxima semana saberemos que máis pode ofrecer Play Games. Estabades agardando algo así?

Sobre o autor

Reply