Moitas veces bótase en falta que os nosos televisores teñan conexión a Internet para poder acceder a un maior número de contidos e tamén ás nosas redes sociais desde a comodidade dun sofá. Por iso está a medrar como a escuma o número de accesorios que convirten os nosos televisores en auténticos centros multimedia.
Un deles é o novo Android Dongle de Energy Sistem, que conta con Android 4.0 Ice Cream Sandwich e permite, unha vez conectado ao televisor a través do porto HDMI, convertir este nun centro multimedia Full HD 1080p con conexión a Internet vía WiFi.
Dispón de 4 GB de memoria interna para multimedia ou aplicacións e conta con USB para que sexa máis rápida a transferencia de arquivos ou tamén para poder conectarlle un rato ou teclado (inarámicos ou non).
Está dispoñíbel por 59,99 € e pódese adquirir na tenda en liña do fabricante.