Hai uns días fíxemonos eco das filtracións doutro dos segredos a voces desta edición do I/O 2013: a plataforma de xogos de Google, Play Games.
Por sorte, hoxe somos quen de poder ampliar esa información sobre este novo centro de xogos baseado na interación social e, sobre todo na nube. Con Play Games, os desenvolvedores de xogos poderán implementar nos seus xogos unha serie de funcionalidades como a sincronización entre dispositivos, polo que poderemos comezar unha partida no móbil e continuala na tablet.
Ademais, tamén se facilitan as cousas para as partidas multixogador, e establécese un sistema de clasificacións e logros/badges.
Doutra banda, tamén destaca que Google+ terá un papel fundamental en Play Games, xa que os círculos serán a base para poder convidar aos nosos amigos ás partidas. Mais non só iso, tamén o tema social cobra importancia con esta integración, quizais un punto en destaque fronte outras plataformas de xogos