O novo Google Maps filtrado horas antes da súa presentación

Google falará durante o I/O 2013 que comeza esta tarde das súas aplicacións e servizos. Entre as grandes novidades está a presentación do novo Google Maps, servizo do que se veñen de filtrar novas imaxes.
Entre as diferentes características que se poden intuír está a información sobre lugares incluíndo as valoracións dos usuarios coas súas reviews e mapas de interiores, unha funcionalidade que cada vez está dispoñíbel en máis lugares.
Tamén se incorporan a Google Maps imaxes de Google Earth, así como o modo voo para unha visión das rutas de aviación e o que é máis novidoso: a visita aos fondos mariños.
Sexa como sexa, nas próximas horas saberemos aínda máis sobre o que seguramente sexa un dos servizo máis valorados da compañía de Mountain View.

Sobre o autor

Reply