Logo da maratoniana xornada de onte cunha keynote de 3 horas e media na que se falou moito dos plans de Google e descubrimos Hangouts (o novo servizo de mensaxería unificada) como principal novidade, tamén hai que sinalar outras melloras e actualizacións de aplicacións ou servizos.
Así, Play Books, vén e recibir unha nova actualización cuxa principal característica, ademais de aspectos visuais, é que engade a posibilidade de subir os nosos propios ebooks, tanto en formato pdf como epub. Así, poderemos subir até 1000 títulos, que poderemos sumar ás nosas adquisicións a través da tenda Play, un modelo semellante ao que xa tiña Play Music, no que podemos subir 20.000 cancións ademais do que adquiramos.
A actualización tédela dispoñíbel na Play Store ou, se non a tedes descargada, podedes facelo desde aquí.