A Tablet Z de Sony xa se pode mercar no noso país

Logo dunha longa espera chega ao noso país a nova Sony Tablet Z, a tablet que segue a liña marcada polo Xperia Z, o terminal polo que aposta o fabricante na primeira metade do ano.
Cunha pantalla de 10,1 polgadas con resolución 1920x1200p  e tecnoloxía Mobile BRAVIA Engine 2, a Tablet Z destaca polo seu deseño OmniBalance, que se traduce en bordes suaves con acabados redondeados en todas as aristas. Ademais, pesa unicamente 495 gramos e ten un grosor de 6,9 mm.
Do resto das súas características destaca o seu procesador de 4 núcleos (SnapDragon S4 Pro de Qualcomm), as cámaras (de 8 e 4 megapíxeles) e a súa resistencia á auga segundo os estándares IP55 e IP57. Vén con Android 41. Jelly Bean, que será actualizado a 4.2 en breve
Está dispoñíbel en 2 cores, branca e negro, e pódese adquirir por 499 € (vesión WiFi e 16 GB), 549 € (versión WiFi e 32 GB) e 649 € (versión WiFi+3G/4G), compatíbel coas novas redes 4G-LTE que Yoigo e Orange inauguran este verán.

Sobre o autor

Reply