Mallando no Android, finalista a Mellor Blog Tecnolóxico no 2º Festival Social Media Galicia

Se nos seguides polas redes sociais xa veríades que estamos de noraboa, pois estamos nominados como finalistas na categoría de Mellor Blog Tecnolóxico do 2º Festival Social Media de Galicia, MexilOnseTuits.

Xunto a nós, compiten polo premio na mesma categoría Marketing 4 eCommerce e Galiloxía, aínda que a listaxe total de finalistas nas diferentes categorías é máis ampla e está dispoñíbel na web do Festival.
A gala de entrega de premios terá lugar o vindeiro domingo 2 de xuño no Centro Social do Mar de Bueu, onde tamén poderemos escoitar diferentes ponencias sobre social media e degustar produtos típicos do Morrazo. 
Se queredes asistir como público, podedes facervos coa entrada nesta ligazón.

Sobre o autor

3 Comments

  1. Anonymous 27 Maio, 2013 Responder
  2. Mallando 27 Maio, 2013 Responder
  3. Anonymous 27 Maio, 2013 Responder

Reply