Sherpa anuncia nova versión en xuño e integración con Google Glass e outras gafas intelixentes

O pasado xoves asistimos en Bilbao ao Sherpa Summit, un evento organizado pola startup que deu vida a Sherpa, a aplicación que revolucionou a Play Store desde o seu lanzamento, situándose no primeiro posto de entre os asistentes virtuais en español con máis de medio millón de descargas nos primeiros 6 meses de vida.
O evento serviu para reunir importantes voces do panorama tecnolóxico mundial, mais tamén para pór en valor diferentes proxectos doutras startups da cidade vasca e, non menos importante, para descubrir as dúas grandes novidades de Sherpa para os vindeiros meses.
A primeira delas é a chegada dunha nova actualización da aplicación dispoñíbel na Play Store, prevista para o vindeiro mes de xuño. Con ela mellórase sustancialmente o grao no que nos ofrece a información, adiantándose e predicindo o que queremos, algo que nos lembra o concepto de Google Now. Así, Sherpa aprenderá das nosas buscas e gustos para achegarnos a información que precisamos: se, por exemplo, adoitamos buscar información do noso equipo de fútbol, no momento en que se esté a xogar un partido e marque un gol Sherpa informaranos do mesmo, sen que lle preguntemos. E así con moitas outras cousas máis aló do deporte.
Pero seguramente a novidade máis interesante sexa a relacionada coas Google Glass e outros** lentes Android. Sherpa confirmou que está traballando nunha aplicación que se integra cos lentes intelixentes e que terá dispoñíbel no momento en que vexan a luz comercialmente.
Xabier Uribe – Extebarría, CEO de Sherpa, explicou que a aplicación para lentes servirá para interactuar con Sherpa de xeito semellante ao funcionamento da aplicación nos smartphone, aínda que adaptados a estes, obviamente. Así mesmo, informou de que será diferenciadora ao empregar comandos de voz naturais, que facilitarán ás tarefas aos usuarios ao non ser preciso aprender unha táboa de comandos para poder interactuar.
 
*Google Glass e outros lentes Android
Durante o evento confirmóusenos que non só están as lentes de Google, senón que hai varios importantes fabricantes traballando nos seus dispositivos, todos eles baseados en Android. Segundo parece, algúns deles poderían saír á venda antes que os de Google, así que estes meses van ser moi interesantes neste sentido.

Sobre o autor

Reply