Oppo Find 5, dispoñíbel desde hoxe no noso país por 399 euros

Hoxe ponse á venda no noso país un deses dispositivos que chaman a atención polas súas prestacións e polo prezo, o Oppo Find 5, un terminal que descubrimos no Mobile World Congress de Barcelona.
Conta cunha pantalla de 5 polgadas con resolución 1080 x 1920 e 441 píxeles por pulgada, procesador de 4 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e versións de 16 e 32 GB, ampliábeis ambos por microSD de até 32 GB extra.
A cámara principal é de 13 megapíxeles, con autofocus e dobre flash LED. Ademais conta cunha cámara secundaria de 1,9 megapíxeles. Incorpora unha batería de 2500 mAh e a versión de Android 4.1.1.

Pero sen dúbida o mellor de todo é que estas grandes prestacións veñen acompañadas dun prezo máis ca interesante: 399 euros. Pódese mercar desde as 11 horas desta mañá na súa web.

Sobre o autor

Reply