Importantes novidades na actualización de Twitter

As actualizacións… nunca veñen soas. Se hai unhas horas facíamonos eco do novo Gmail, agora toca falar de Twitter, quen vén de pór na Play Store unha nova versión da aplicación que engade novas funcionalidades pensadas para para facer as cousas aínda máis sinxelas ao compartir os nosos tweets.
A funcionalidade máis chamativa ten a ver coas imaxes, xa que agora ao seleccionar unha foto para subir veremos a versión completa e non unha reducida, polo que será máis doado cercionarse de ter escollido a foto correcta que queremos compartir. Así mesmo, tamén resulta máis evidente a activación ou desactivación da localización en cada tweet individual, pois pode que nun determinado momento nos interese compartir onde nos atopamos.
Ademais, quen use a multiconta verá que tamén hai melloras na edición dos tweets, sendo máis evidente con que conta estamos a escribir e evitar os problemas asociados por publicar unha mensaxe onde non era…
Finalmente, as notificacións da barra superior fican enriquecidas con esta actualización, sendo máis doado seguir as conversas que temos na rede de microblogging.
Como vedes, estas pequenas melloras seguen a facer da versión oficial de Twitter unha aplicación que cada vez resulta máis interesante. Podedes actualizala desde a Play Store do voso móbil ou instalala desde a versión web.

Sobre o autor

One Response

  1. Iván Estévez 30 Maio, 2013 Responder

Reply