As tablets están a xogar hoxe en día un papel moi importante na educación e na aprendizaxe. De feito, cada día son máis os centros educativos que están a traballar con aplicacións optimizadas para estes dispositivos que permiten levar a cabo unha aprendizaxe máis interaciva e divertida para os pícaros.
Neste senso, un papel fundamental é o que xogan os libros interactivos como Los tres cerditos, do que hoxe vos queremos falar. Trátase dunha aplicación made in Galiza que conta a historia do conto que todas e todos coñecemos, mais a diferenza do modo tradicional a meniña ou meniño que esté a usalo pode ir interactuando coas diferentes pantallas, nas que hai animacións e efectos sonoros que fan a historia máis entretida.
O conto permite escoller o idioma no que ler a historia, entre o inglés, español e francés; ademais tamén dispón da posibilidade de activar a narración por voz, aínda que é unha funcionalidade que polo de agora só está dispoñíbel en español (engadiranse novos idiomas). Como podedes imaxinar, este tipo de ferramentas resultan máis ca interesantes para a aprendizaxe de idiomas.
Que vos parece?
Nome da aplicación: Los tres cerditos
Prezo: 0,73 €
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor: Neobit Studio
Descarga: Play Store
E en galego, non? Penso entón que se callar non hai necesidade de que este app apareza no sección “Made in Galiza” pois tanto faz que fora feito na Galiza ou na Gran Bretanha, non é?
Ola Adrián,
Como xa comentamos cando definimos a sección, en “made in Galiza” teñen cabida as cousas relacionadas con Android feitas en Galiza, por galegas e galegos e/ou pro/en galego.
Posto que esta aplicación é feita en Galiza, entra dentro deses criterios. Iso non quita que sexa criticábel que non se ofreza en galego, algo que nós tamén botamos moi en falla.
Saúdos