Samsung presenta o Galaxy S4 Mini

Galaxy S4 Mini
Poucos segredos estaban peor gardados que a existencia dun Samsung Galaxy S4 Mini. O fabricante coreano vén de facer oficial o lanzamento dunha versión simplificada do seu buque insignia para facelo máis accesíbel aos petos dos usuarios.
Ao igual que acontecera co S III Mini, o S4 Mini incorpora algunhas das especificacións software que marcaron as diferenzas cos anteriores modelos da serie pero cun hardware inferior.
Conta cunha pantalla de 4,3 polgadas e resolución qHD, procesador  de dobre núcleo a 1,7 GHz, 1,5 GB de memoria RAM e 8 GB de almacenaxe interna ampliábeis por microSD. Dispón de dobre cámara, a principal de 8 megapíxeles e a frontal de 1,9.
Vén con Android 4.2.2 con TouchWiz, incorporando ademais, como comentamos antes, algunhas das novidades software que descubrimos no S4, como o Group Play, S Health, Sound & Shot, S Traveller…

Polo de agora non sabemos nada sobre a súa distribución ou prezo, algo que Samsung dará a coñecer nun evento o vindeiro 20 de xuño.
Que vos parece este novo terminal? Chegaríavos ou quedaríades co S4?

Sobre o autor

Reply