Con tantas alternativas á hora de escoller unha ou outra tablet, a diferenciación é a clave. Iso é o que pensaron en Wolder co seu novo produto, a MiTab Evolution T1, un dispositivo a medio camiño entre unha tablet e un portátil.
Conta cunha pantalla HD de 7 polgadas, procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB, conectividade Bluetooth e WiFi, dobre cámara e batería de 3000 mAh. Ademais tamén incorpora porto HDMI para poder conectalo a unha televisión ou pantalla externa.
Pero sen lugar a dúbidas o que máis chama a atención é que conta cun teclado qwerty completo integrado, unha ferramenta tremendamente útil para quen adoite traballar en mobilidade. Poñendo orde a todo este hardware temos Android 4.1 Jelly Bean.
Está dispoñíbel por 169 € na tenda en liña do fabricante e en puntos de venda autorizados desde o próximo luns 3 de xuño.