Letris, o concurso de TVE que podes xogar en directo na túa tablet

‘TVE estrena el concurso ‘Letris”Ver vídeo'TVE estrena el concurso 'Letris''

 

A semana pasada estrenouse o concurso Letris, un programa presentado por Carlos Latre que se emite diariamente ás 19.30h en TVE-1. O xogo conxuga dous populares xogos, o Scrabble e o Tetris, polo que xa podedes imaxinar por onde van os tiros do que hai que facer.Unha das cousas que resultan máis interesantes é que permite xogar ao tempo que se emite o programa, introducindo un novo xeito de consumir o contido televisivo, xa que competimos (simuladamente) contra os concursantes en plató e os retos que estes teñan que superar.

Ademais, a aplicación permite xogar sen conexión a Internet de forma limitada para poder coller práctica e ter máis axilidade. Para os máis competitivos, existen torneos especiais cos que cada tarde se pode competir con outros xogadores para intentar gañar algún dos premios que TVE patrocina (e que poden verse no Facebook do programa), entre os que hai, por exemplo, Samsung unha Galaxy Tabs 2.

Nome da aplicación: Letris TVE
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.0.1 ou superior
Desenvolvedor: Ivanovich games
Descarga: Play Store

Sobre o autor

Reply