Onte estivemos en Bueu, onde recibimos o primeiro premio da nosa etapa no blogue ao gañar o Premio a Mellor Blog Tecnolóxico no MexilOnseTuits 2013, categoría na que competíamos con Galiloxía e Marketing 4 eCommerce.
En total foron 9 os premios entregados nun evento no que tamén houbo tempo para escoitar a Adrián Rodríguez, de Mola Viajar, e a Daniel Martí, que falou de comunicación nos novos tempos.
A listaxe completa de premiados é a que vos deixamos a continuación
- Mellor axencia: Elogia
- Mellor campaña en redes sociais: Sabores de Ourense
- Mellor vídeo viral: Rías Baixas Style
- Mellor blog informativo / cultural: Vigo Low Cost
- Mellor blog tecnolóxico: Mallando no Android
- Mellor blog turístico: Vivir Galicia
- Mellor blog de moda: Fashion Low Cost
- Mellor blog gastronómico: La cocina de la lechuza
- Mención especial: O Tempo TVG
Como non podía ser doutro xeito, queremos agradecervos a todas e todos o voso apoio e a cantidade de felicitacións que nos fixestes chegar polas diferentes redes sociais. Ao fin e ao cabo, este premio é tamén voso.
Moitos parabéns!
Eu e o meu compañeiro de Enxebre Markets estivemos buscándote para coñecernos ao rematar o xantar, pero semella que xa marcharas. A ver para a próxima.
Unha aperta.
Graciñas polos parabéns Paco,
tivemos que marchar antes, a ver se coincidimos nalgunha cousa en breve 🙂
merecido premio