Xa leva algún tempo dispoñíbel para iPhone, pero agora tamén está dispoñíbel en Android. Falamos de Vine, unha aplicación dunha start up mercada por Twitter hai uns meses que ten como obxectivo permitir aos usuarios compartir pequenos vídeos.
Hai quen di dela que é “o Instagram dos vídeos”, en parte porque as funcionalidades que permite son certamente semellantes. Así, permite pequenas edicións dos minivídeos antes de compartilos e, en exclusiva para Android, a posibilidade de facer zoom sobre os propios vídeos.
As publicacións pódense compartir unicamente en Vine ou, se queremos, a través de Twitter ou Facebook. De todos os xeitos, aseguran que en próximas actualizacións haberá máis ferramentas de compartición dispoñíbeis
Nome da aplicación: Vine
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 4.0 ou superior
Desenvolvedor: Vine Labs Inc
Descarga: Play Store