Samsung presenta as Galaxy Tab 3 de 8 e 10.1 polgadas

A liña Galaxy Tab de Samsung vén de escalar un novo paso na súa evolución coa presentación dos modelos de 8 e 10.1 polgadas da terceira serie, Galaxy Tab 3.
Galaxy Tab 3 8
A máis pequena das presentadas onte conta cunha pantalla de 8 polgadas e resolución 1280 x 800 píxeles, con 189 ppp, moi por baixo dos 441 que ten, por exemplo, a pantalla do Galaxy S 4. O procesador é de 1,5 GHz e dobre núcleo, conta con 1,5 GB de RAM e versións de 16 e 32 GB (ampliábeis por microSD de até 64 GB extra).
Dispón de dobre cámara, de 5 e 1,3 megapíxeles e batería de 4450 mAh e estará dispoñíbel en verión WiFi e WiFi + 3G/4G, compatíbel coas novas redes de Vodafone, Orange ou Yoigo.
Galaxy Tab 3 10.1
Pola súa banda, o modelo de 10,1 polgadas tamén ten unha resolución de 1280 x 800 píxeles (149 ppp). O procesador de dobre núcleo é de 1,6 GHz, ten 1 GB de RAM e versións de 16 ou 32 GB (tamén ampliábeis por microSD).
A dobre cámara pasa por un sensor de 3 megapíxeles na principal e de 1 megapíxel na frontal. Ten 6800 mAh de batería e estará dispoñíbel en versións WiFi ou WiFI + 3G/LTE.
Poucos cambios
Ao contrario que acontece cos smartphones, os cambios na serie Galaxy Tab son ínfimos e pasan, basicamente, por sacalos á venda cunha versión de Android máis recente (neste caso, 4.2 Jelly Bean).
Cabería preguntarse se ten senso sacar dispositivos polo mero feito de sacalos, cando non supoñen unha mellora real dos modelos anteriores senón unicamente unha estratexia comercial. 
En calquera caso, ambos modelos estarán dispoñíbeis nas próximas semanas a nível global, aínda que non se ten confirmado o prezo.

Sobre o autor

Reply