Sony presenta o Xperia M, aumentando os membros da gama media

A familia Xperia de Sony segue aumentando tras a presentación do Xperia M, un dispositivo que vén a completar a gama media, mais sen por ilo esquecer detalles como un deseño premium que lembra ao Xperia Z, o terminal de referencia de Sony deste ano.
Conta cunha pantalla FWVGA de 4 polgadas, con resolución 854 x 480 píxeles e proteción antirotura / antirabuñadas, procesador de dobre núcleo a 1 GHz, memoria interna de 4 GB ampliábeis por microSD de até 64 GB e unha batería é de 1700 mAh.
A cámara principal é de 5 megapíxeles, con gravación a 720p, a frontal VGA. Tamén integra chip de tarxetas NFC e tecnoloxía ClearAudio+, creada espeficiamente por Sony para mellorar a calidade do son ao reproducir. En canto á versión de Android, sae con Jelly Bean (4.1) mais con personalización do fabricante.
O Xperia M está dispoñíbel ademais nun abano de cores (negro, branco, violeta e amarelo) que permite aos potenciais usuarios escoller o que máis se adapte aos seus gustos. Ademais, todos eles contan con efectos de luces para as notificacións, totalmente personalizábeis.
Poderase mercar a partir do terceiro trimestre do ano, aínda que polo de agora non transcendeu o seu prezo.

Sobre o autor

Reply