Hoxe en día facerse cunha tablet non ten por que supór un gran desembolso de cartos, pois hai unha chea de dispositivos cunhas prestacións máis que aceptábeis e económicos, aínda que sempre hai que botar un ollo ás prestacións e non deixarse engatusar unicamente polo prezo.
Wolder vén de anunciar o lanzamento dunha nova tablet, a miTab SKY, que por 99 € (na Wolder Store) pon na nosa man un dispositivo de 7 polgadas (resolución 800 x 480) con Android 4.1 – Jelly Bean, a considerar por aqueles usuarios que buscan unha ferramenta máis orientada ao consumo de información
Dispón dun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, 1 GB de memoria RAM, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB, cámara forntal de 2 megapíxeles e saídas miniUSB e mini HDMI para poder compartir contidos en alta definición noutro dispositivos.
Se queredes facervos con ela ou atopar máis información, podedes seguir esta ligazón.