Samsung Galaxy (S4) Zoom: teléfono con zoom telescópico?

Cando hai uns meses analizamos a Galaxy Camera comentaramos que considerábamos esa cámara de fotos dixital baseada en Android con conexión WiFi e 3G como un produto probeta, un prototipo comercial que podería servir para probar cousas nun momento no que, maioritariamente, as cámaras dixitais que realmente usamos son as que levamos nos petos, nos móbiles.
Neste senso, apareceron estes días unhas supostas imaxes que darían credibilidade a o rumor dun smartphone de Samsung con zoom telescópico. Certas información falan dunha versión baseada no Galaxy S4, do estilo da versión Active que comentamos o venres pasado, e outras limítanse a deixar unicamente o “Zoom” no nome.
Estaríamos a falar dun terminal con pantalla de 4,3 polgadas e calidade qHD, procesador de dobre núcleo a 1,6 GHz, 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD’s de 64 GBs e Android 4.2.2 como sistema operativo de saída.
O principal do terminal sería a cámara, que como falamos contaría con zoom telescópico e un sensor de 16 megapíxeles, aínda que polo de agora non transcendeu máis información detallada.
En calquera caso, o próximo día 20 hai evento de Samsung. Todo apunta a que será ese día cando saiamos de dúbidas do que os coreanos están a prepararnos.

Sobre o autor

Reply