A Real Academia Galega vén de publicar na Play Store a aplicación do seu dicionario, unha ferramenta que leva aos nosos smartphones e tablets arredor de 50.000 termos, na meirande caso incluíndo a pronuncia e exemplos de uso dos mesmos, ademais da definición.
O deseño é tremendamente intuitivo e sinxelo e conta coa posibilidade de gardar termos nos nosos favoritos para telos máis accesíbeis ou compartir as definicións nas redes sociais. Ademais, funciona sen necesidade de estar conectados á rede, o que a fai completamente funcional.
Nome da aplicación: Dicionario RAG
Prezo: Gratuíta
Requerimentos: Android 2.2 ou superior
Desenvolvedor. Real Academia Galega
Descarga: Play Store
Eu ata o de agora con DicionarioGalego ía servido. Porén, si é certo que amais de incluir máis funcionalidades (dado que actualizaron o dicionario en liña da RAG)o de traballar sen conexión á rede é moi interesante. Un dos problemas que eu tiven coa aplicación é que só procurei un par de termos e creoume máis de 50MB de datos no móbil! Non sei se foi un erro da aplicación ou se o fará sempre, pero daquela tería que seguir con DicionarioGalego, porque non podo permitirme ocupar todo ese espacio. Ademais, non se pode mover á tarxeta externa, e é unha aplicación bastante pesada.
Boas,
Semella que o tema da accesibilidade offline provoca que se xeren moitos datos no dispositivo, un problema nos terminais con pouca memoria interna. Neses casos, recomendamos seguir con DicionarioGalego, moito máis lixeira, polo menos mentres non actualicen esta para corrixir esas inconveniencias (que tampouco ten trazas de que vaia ter actualización próxima…)
Saúdos!