Así son as Google Glass por dentro

Levamos visto moito das Google Glass, desde unboxings a vídeos que amosan un día na vida dun dos afortunados que teñen unhas no seu poder. Sen embargo, até o de agora, ninguén se atrevera a desmontalas para amosar con todo luxo de detalles como son unhas Google Glass por dentro.
A última gran análise ofrécenos a posibilidade de coñecer a fondo as Google Glass. E para iso comezan polo máis inmediato: amosar que hai dentro da caixa na que se están a distribuír.
Ademais das propias lentes, a caixa inclúe unha serie de accesorios que pasan por un protetor de cristas, limpiador, cargador USB e cable e un pequeno estoxo de transporte.
Pasando á parte máis da desmontaxe en si, comezamos pola patilla, que como vedes está formada por un gran módulo compacto onde se inclúe todo o motor dos lentes e 4 pezas separábeis que sirven para recubrilo todo.
A parte que posterior da patilla, a que queda situada detrás da orella, é o módulo de batería, unha pila de litio cunha capacidade de 570 mAh.
A continuación, e pegado á batería, está o altofalante, que non é como os de uso habitual, senón de condución ósea, moi semellante aos que se empregan, por exemplo, nos audífonos.
Seguindo polo lateral da patilla atopámonos o que é o corazón das Google Glass, onde se sitúan os circuítos, a placa base, unha memoria de 16 GB e o panel táctil co que se interactúa cos lentes.
A cámara, situada na parte frontal das Glass, ten un sensor de 5 megapíxeles, que permite ademais gravar vídeo en 720p.
Finalmente temos a pantalla, que consigue simular a experiencia de ter unha pantalla de 25 polgadas a 74 centímetros. Ademais, xunto a ela sitúanse os sensores de brúxula, xiroscopio e acelerómetro.
Como vedes, hai formas bastante curiosas de facer unha análise en profundidade dun produto e, para nós, este resultou tremendamente interesante. Se vos interesa, podedes vermáis fotos aquí

Sobre o autor

Reply