Filtranse todos os detalles do Huawei Ascend P6

Un documento interno do fabricante chinés veu a confirmar todos os detalles técnicos e imaxes do novo terminal de Huawei, o Ascend P6, un dispositivo chegado para facerse un oco no sector dos smartphones con pantallas grandes coas súas 4,7 polgadas.
Incorpora un procesador de 4 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 64 GB, cámara principal de 8 megapíxeles e frontal (ollo!) de 5 megapíxeles. A batería é de 2000 mAh e vén con Android 4.2 Jelly Bean, sobre a que se inclúe a interface propia do fabricante.
Pero sen lugar a dúbidas no que máis destaca este dispositivo é nas súas dimensións, xa que ten un grosor de tan só 6,5 mm e apenas 120 gramos de peso.
Obviamente, ao non ter sido presentado aínda, non podemos aventurar cando chegará ao mercado, mais calculamos que terá un prezo que andará entre os 450 e os 550 euros.

Vía

Sobre o autor

Reply