Vodafone vén de anunciar a incoporación ao seu xa de por si extenso catálogo de terminais Android dun novo modelo, o Huawei Ascend Mate, un smartphone para os amantes das grandes pantallas, pois incorpora unha de, nin máis nin menos, 6,1 polgadas.
Pero ademais de gran pantalla (que por certo, pode manexarse con calquera tipo de luvas), o Ascend Mate incorpora procesador de catro núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de memoria RAM e 8 GB de memoria interna (ampliábeis por microSDs de até 64 GB), ademais de dobre cámara, a principal de 8 e a secundaria de 1 megapíxeles.
Tamén chama a atención a súa batería de longa duración, con 4050 mAh de capacidad e a incorporación de tecnoloxías de son envolvente 5.1 Dolby Digital Plus, así como diversas aplicacións propias de Huawei sobre Android (4.1.2 – Jelly Bean).
En canto a prezos, podedes consultar a como sae (dependendo da tarifa) na seguinte táboa.
|
BASE
|
BASE2
|
BASE3
|
RED
|
RED2
|
RED3
|
99€ +21€/MES
|
99€ +27€/MES
|
49€ +37€/MES
|
0€ +47€/MES
|
0€ +
62€/MES
|
0€ +
82€/MES
|
|
1 cént./min.
1000 SMS
1GB
|
100 minutos
1000 SMS
1GB
|
350 minutos
1000 SMS
1GB
|
Chamadas e SMS
ilimitados
1,5GB
10GB Vodafone
Cloud
|
Chamadas e SMS ilimitados
3GB
30GB Vodafone
Cloud Multidispositivo
|
Chamadas e SMS ilimitados
5GB
60GB Vodafone
Cloud
Multidispositivo
Renovación de Smartphone cada ano
|