Optimus L4 II e Optimus L4 II Dual: así son os novos smartphones de LG

LG vén de presentar un novo terminal na súa gama de entrada, o Optimus 4 II, que debuta en versión mono e dualSIM. Esta última permite que teñamos instaladas dúas tarxetas do mesmo ou diferentes operadores no mesmo dispositivo sen ter que andar facendo cambios.
As características técnicas coas que conta son dun terminal (moi) básico. Así, ten cunha pantalla de 3,8 polgadas e resolución HVGA 320 x 480 píxeles, procesador mononúcleo a 1 GHz, 512 MB de memoria RAM e batería de 1700 mAh. Pola súa banda, a cámara é de tan só 3,15 megapíxeles.
Con estas características chama a atención que veña con Android 4.1.2 (Jelly Bean), pero sobre todo o seu prezo, fixado en 175 dólares, moi por riba do que se espera dun dispositivo tan básico.
Polo de agora non se sabe nada da súa chegada a Europa. Védelo para algún público en concreto?

Sobre o autor

Reply