HTC Butterfly S, o novo de HTC para mercados asiáticos

HTC vén de presentar un novo smartphone pensado para convivir co seu buque insignia do 2013, o HTC One. Falamos do HTC Butterfly S, un smartphone cunhas características técnicas máis ca interesantes pero que semella que só vai estar dispoñíbel no mercado asiático, nomeadamente na China.
Estamos a falar dun terminal con pantalla de 5 polgadas, procesador de 1,9 GHz, 2 GB de RAM e 16 GB de memoria interna que poden ser ampliábeis con microSD. Pero o que máis chama a atención é a súa batería de alta capacidade, concretametne 3200 mAh, así como a súa cámara principal, onde HTC volve apostar polos ultrapíxeles, xuntando 3 sensores de 4 megapíxeles. A cámara frontal queda nos 2,1 megapíxeles.
Na parte software, HTC volve apostar por Sense 5.0, que inclúe o Blinkfeed, unha personalización que está a gustar bastante entre os usuarios da compañía. A versión de Android é Jelly Bean (4.2.2). 
Estará dispoñíbel en 3 cores (branco, vermello e gris) por 580 euros, aínda que, como anunciamos ao comezo, polo de agora vaise distribuír unicamente na China e descoñecemos se dará o salto a Europa.

Sobre o autor

Reply