Vodafone volve actualizar outra vez os seus terminais Smart, gama que orientan ao público de cartón prepago, coa chegada de dous novos dispositivos, o Vodafone Smart Mini e o Vodafone Smart III.
Smart Mini
Cunha pantalla de 3,5 polgadas, este termital conta cunhas características técnicas modestas que pasan por procesador mononúcleo de 1 GHz, 256 MB de RAM e 4 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. A cámara é de 2 megapíxeles e a batería de 1300 mAh
Smart III
O Smart III sitúase nas case-estándar 4 polgadas que moitos consideramos básicas, aínda que cunha resolución de pantalla baixa. A cámara é de 5 megapíxeles, mentres que o procesador ten unha frecuencia de 1 GHz. A RAM é de 512 MB e a memoria interna de 4 GB (ampliábeis por microSD de até 32 GB). A súa batería é de 1500 mAh.
Como podedes comprobar, trátanse de dous dispositivos de gama baixa (aínda que veñen cunha das últimas versións de Android, 4.1.1), polo que nós recomendámolos unicamente para aquelas persoas que usen basicamente as funcións de teléfono e algunha aplicación de mensaxería instantánea tipo Whatsapp.