Gow Trainer: roupa intelixente para facer deporte co teu Android

Os nosos smartphones téñense convertido nalgo máis ca unha ferramenta de comunicación e xa non nos resulta extrano empregalos como elemento de ocio ou como complemento idóneo para as nosas saídas a facer deporte.

Neste senso, desde Weartech, ofrécennos un produto que puidera parecer do futuro pero que xa podemos mercar: Gow Trainer, unha camisola sensorizada que recolle toda a nosa actividade física e que integra ademais un pequeno monitor cardíaco que centraliza toda a información captada, para logo conectarse a través do bluetooth ao noso smartphone Android (funciona co Samsung S3, S3 Mini, Note 2 e algún que outro modelo solto).
No noso smartphone deberemos ter instalada a aplicación que srecolle todos os datos, sincronizándose ademais cun apartado web ao que podemos acceder desde www.gowtrainer.com Nela poderemos escoller ademais diferentes actividades que integraremos en diferentes pantalla, así como organizar desafíos para entretar dun xeito máis competitivo. Ao igual que outras aplicacións deportivas, conta con integración social, o que permite ver que fan os teus amigos e mandarlles mensaxe de ánimo en directo.
Podedes atopar o pack completo por 99,95 €, así como tamén accesorios na tenda en liña da propia compañía.

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 25 Xuño, 2013 Responder

Reply