Sony presenta o Smartwatch 2

Non é a primeira vez que falamos por acó do Smartwatch (reloxo de pulso intelixente) de Sony, que hoxe vén de recibir sucesor co Smartwatch 2, recollendo a experiencia do seu predecesor.

Deste xeito, o novo reloxo incorpora conectividade NFC e certificación anti auga / suciedade IP57 como principais novidades, mais conservando unha pantalla táctil de 1,6 polgadas, neste caso con resolución 220×176 píxeles.
Aseguran que a carga (por microSD) dálle unha autonomía de 4 días, e a conexión co smartphone será a través de Bluetooth.
Desde Sony confirman que teñen preparadas máis de 200 miniaplicacións exclusivas, que permitirán non só acceder a notificacións senón tamén realizar multitude de actividades de control remoto.
Polo de agora non se sabe nada de prezo, mais si que estará dispoñíbel a partir do mes de setembro.

Sobre o autor

Reply