Xperia Z Ultra, así é o novo smartphone de Sony

Cunha pantalla de 6,4 polgadas Full HD Triluminos, o novo smartphone  Xperia Z Ultra de Sony chega para seguir o camiño iniciado co Xperia Z de contar con dispositivos ultrafinos (6,5 mm ) e resistentes a auga e outros factores externos como pó ou suciedade.
Integra un procesador de catro núcleos Qualcomm Snapdragon 800 a 2,2 GHz, aderezado con 2 GB de RAM, 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD, dobre cámara (8 e 2 megapíxeles), a traseira con sensor Emor R, e unha batería de nada máis e nada menos que 3000 mAh.
Vén coa última versión de Android, Jelly Bean 4.2.2, ademais de contar coa interface clásica de Sony, e é plenamente compatíbel coas redes 4G/LTE que se están a despregar ao longo do Estado.

Sobre o autor

Reply