LED de notificacións? Presentámosche BLN Control Pro

Se tes cobiza daqueles amigos que teñen un led de notificacións no seu terminal, BLN Control PRO é a solución.
BLN Control PRO é unha aplicación que permite empregar os botóns táctiles do teu smartphone coma LEDs de notificacións. Conta con moitas opcións de configuración que nos permitirá regular o consumo da batería, non porque teña un consumo excesivo, se non porque por exemplo se estás a durmir e tes algún aviso, a batería sofre se pasan 7 horas co led pestanexando, ou se pasan varias horas mentres traballas e non podes usar o teu móbil.

Todas estas situacións están pensadas polos desenvolvedores e por iso permítesenos decidir entre:
  • Se queremos que o led sexa unha luz fixa (máis consumo de batería).
  • Configuar cada canto tempo pestanexa.
  • Canto tempo vai durar o aviso: 5 minutos pestanexando ou 4 horas, por exemplo.
  • Se por debaixo dun nivel de batería que os LED non se acendan, para aforrar enerxía para outras tarefas máis importantes.

Estas e outras opcións atopádelas nun menú sinxelo e en español (unha mágoa que non se acorden do galego), co cal en poucos minutos podedes configurar a aplicación ao voso gusto.
A aplicación que analizamos (BLN Control PRO) é de pago. Pero se queres probala, tamén está para a súa descarga na Play Store a versión FREE, moito menos configurable aínda que funciona á perfección.
Máis que nos pese, está aplicación presenta algún problemiña que outro. Tedes que ter en conta, que non funciona en todos os terminais, pois é preciso ter unha modificación determinada do voso kernel. Esta modificación é a que permite usar os botóns táctiles coma LEDs.
Malia todo, é unha aplicación que funciona realmente ben, e que os que desexamos un LED, podémolo ter.
Nome da aplicación: BLN Contro PRO
Deenvolvedor: neldar
Prezo: 0,99€
Requerimentos: Andorid 2.1 ou superior
Descarga: Play Store
Este artigo foi escrito por Álvaro Mouteira Souto. Ti tamén podes colaborar enviando os teus artigos ou análises

Sobre o autor

Reply