Tuenti Móvil oferta terminais Android pola chegada do verán

Tuenti Móvil vén de anunciar novas ofertas para facerse con terminais Android aproveitando a chegada do verán, tanto para quen sexa xa cliente para os recén chegados.
Os terminais seleccionados nesta ocasión son o Samsung Galaxy Mini 2, que se pode mercar por 99 euros nun pago único ou por 3,75 € (90 € totais) pagando en 24 prazos mensuais e o LG Optimus L5, por 129 € en pago único ou tamén por 3,75 € (90 € totais) se o pagamos en 24 meses.
Podedes ver os prezos destes terminais e outros na tenda en liña de Tuenti Móvil.

Sobre o autor

Reply