Photosphere para todos grazas a XDA

Onte lanzáronse as versións pure Google de dous terminais de referencia Android, o Samsung Galaxy S4 e o HTC One  en cuxo software apareceron novas funcionalidades da cámara. Grazas a un usuario de XDA Developers, que colleu o ficheiro e o convertiu en aplicación, todos (collido entre aspas o todos, porque non sabemos con certeza en que terminais funciona e en cales non) podemos disfrutar de photosphere, a funcionalidade que permite sacar fotos esféricas modo Street View (se queredes ver algunha destas fotos, pasádevos polo artigo no que analizamos o Nexus 4)
Podedes descargar a aplicación entrando nesta ligazón desde o voso móbil, o cal é segura e limpa (é un mirror de Mallando no Android) http://ir.gl/photosphere (lembrade que debedes ter activado as orixes descoñecidas para que vos permita executar o ficheiro .apk)

Vía

Sobre o autor

2 Comments

  1. Anonymous 28 Xuño, 2013 Responder

Reply

Deixa una resposta a Anonymous Cancelar a resposta