Até sempre, Google Reader

Estamos tristes. Esta é a última fin de semana de Google Reader pois, tal e como está previsto, pasado mañá, o luns 1 de xullo botará o peche o servizo de lectura de rss de Google, tras meses de crónica dunha morte anunciada.
Son moitas as alternativas que existen, nestes meses xa falamos dalgunha delas no blogue. Cada cal ten as súas cousas boas e malas (mesmo Google Reader tiña moitas cousas mellorábeis). O bo é que a meirande parte delas permiten a importación das vosas suscricións do Reader en poucos pasos e con pouco esforzo, polo que será cuestión de acostumarse.
Lembrámosvos que nós enlazamos todas as entradas do blogue desde o noso perfil de Twitter (@mallandroid), onde ademais tamén informamos de cousas máis “instantáneas”, así que se aínda non nos seguides por aló pode ser un bo momento para comezar a facelo 🙂
E, como non, tamén temos perfís en Google+ e Facebook, onde poñemos cousas máis centrados no multimedia e practicamente sempre diferentes en todos os lados, para que non estedes “papando” unha e outra vez a mesma información, que iso cansa.
Son momentos de recollemento por Google Reader. Sempre marchan os mellores…

Sobre o autor

2 Comments

  1. canselleiro 29 Xuño, 2013 Responder

Reply