[PECHADO] Cumprimos 3 anos… e sorteamos un LG Optimus G para celebralo!

Tal día coma hoxe, hai 3 anos, nacía Mallando no Android. Principiábamos unha aventura con este blogue que tantas alegrías nos dá, e tamén algo de traballiño. Mais ese traballo vese compensado polo voso feedback, pois grazas a vós, que nos ledes, que nos seguides e comentades día a día as vosas impresións, é o que é.
Pare celebralo, organizamos un gran sorteo en colaboración con LG, o Optimus G, ou o que é o mesmo, o terminal de referencia da compañía coreana do momento. Conta cunha pantalla de 4,7 polgadas, procesador de 4 núcleos a 1,5 GHz, 2 GB de RAM, 32 GB de memoria interna, cámaras de 13 e 2 megapíxeles… vamos, todo un superteléfono que, por certo, xa analizamos hai uns meses.
Podedes participar no sorteo polas diferentes redes sociais, Twitter, Google+ ou Facebook, sumando unha participación por cada unha delas, até un máximo de tres. Ademais, quen respondestes acertadamente ás preguntas que fomos formulando nas últimas semanas, teredes até dúas participacións extra, até un máximo total de cinco.
Para participar no Twitter:
  • Debedes ser seguidores da conta do blogue, @mallandroid.
  • Poñer o seguinte tweet: Quero o LG Optimus G que sortea @mallandroid, a web de referencia Android en galego, no seu 3º aniversario! +info en http://ir.gl/aniversadroid

Para participar no Facebook:

  • Debedes ser seareiros/as da páxina do blogue, Mallando no Android
  • Compartir esta publicación no voso Facebook (clicando no botón de Facebook ao pé da entrada)
Para participar no Google+:
  • Debedes ter a conta do blogue nalgún dos vosos círculos, +Mallando no Android
  • Compartir esta publicación de xeito público no voso Google+ (clicando no botón +1 ao pé da páxina).
MOI IMPORTANTE: Logo de ter feito nunha ou en todas as redes sociais, debedes cubrir este formulario cos vosos datos [SORTO PECHADO]
Regras e condicións
  • O concurso limítase xeograficamente a todo o territorio do Estado español
  • O concurso remata o domingo 14 de xullo ás 23.59h.
  • O luns 15 de xullo á mañá (10h) publicarase a listaxe de participantes, coa participación asociada a cada un. Haberá de prazo até as 17h dese mesmo luns para enviar reclamacións á listaxe por se fose preciso corrixir algún erro. De non avisar de correccións, entenderase que a listaxe publicada é definitiva.
  • A/o gañador elixirase aplicando a operación matemática módulo “número do sorteo da ONCE do luns 15 de xullo” MOD “número de participacións”.
  • Os gastos de envío corren a cargo dos organizadores.
  • Contactarase coa persoa gañadora mediante correo electrónico. De non ser posíbel ou non obter resposta nos 7 días seguintes á data de contacto pasará a ser gañadora a seguinte persoa da listaxe. E así sucesivamente.
  • Calquera circunstancia que puidera xurdir e non esté considerada nestas bases quedará baixo a interpretación de Mallando no Android.
  • A participación no concurso implica a aceptación de todas as regras anteriores.

Moita sorte a todas e todos!!

Sobre o autor

11 Comments

  1. roblamas 1 Xullo, 2013 Responder
  2. roblamas 1 Xullo, 2013 Responder
  3. Paco 1 Xullo, 2013 Responder
  4. Vero 1 Xullo, 2013 Responder
  5. Nemigo 1 Xullo, 2013 Responder
  6. Anonymous 15 Xullo, 2013 Responder

Reply