Huawei MediaPad 7 Vogue, unha nova alternativa nas 7 polgadas

Velaquí temos unha nova alternativa en tablets de 7 polgadas, a MediaPad 7 Vogue do fabricante chinés Huawei, un dispositivo que se suma ao amplo abano existente sen aportar nada especialmente diferente, mais non por ilo sendo menos relevante.
A pantalla de 7 polgadas ten unha resolución de 1024 x 600 píxeles, mentres que o seu procesador é un quad core a 1,2 GHz, con 1 GB de RAM e 8 GB de almacenaxe internos (ampliábeis por microSD de até 32 GB). Incorpora dobre cámara, de 3 megapíxeles a traseira e VGA a frontal, e unha batería de 4100 mAh.
No que ten a ver co sistema operativo, vén con Android 4.1 actualizábel, mais por riba leva unha capa de personalización, Emotion UI.
Estará dispoñíbel en dúas versións, WiFi e WiFi + 3G compatíbel con chamadas, e, así mesmo, en dúas cores (branco e negro). Xa está á venda na China e agárdase que se confirmen as datas de chegada a outros mercados nas próximas semanas.

Sobre o autor

Reply