O pasado 1 de xullo entrou en vigor unha normativa europea que, unha vez máis, reduce os prezos da telefonía móbil en itinerancia (roaming). Os maiores descontos veñen nos datos, onde tamén as tarifas son moito máis elevadas, sendo o prezo estándar de 0,45 céntimos de € (IVE á parte) o MB consumido.
Malia todo, as operadoras con rede (Vodafone, Orange, Yoigo e Movistar) dispoñen dalgunhas tarifas que permiten algo de navegación cando estamos fóra, polo que pode que se a escapada é de pouco tempo e queremos estar sempre conectados poidamos amañar mercando unha tarxeta de cartón prepago dalgunha destas compañías antes de saír de viaxe. Malia todo, nós recomendámosvos que vos enchufedes a redes sen fíos WiFi sempre que poidades ou, para estancias longas, miredes se vos compensa mercar unha tarxeta SIM dun operador local.
Na seguinte táboa recóllense as diferentes opcións dispoñíbeis para 5 operadores. A todos os prezos habería que sumar o IVE.