Google actualiza Maps para adaptalo á nova interface, ao tempo que elimina funcionalidades

Durante o Google I/O coñecemos o novo Google Maps, cun deseño totalmente renovado e interesantes novidades en canto a transporte e busca de establecementos. Se ben é certo que a nova versión web xa leva semanas na rede, hoxe comezou a distribución da actualización da aplicación á versión 7.0 para smartphones e tablets con Android 4.0.3 ou superior.
Nela podemos ver, ademais dunha nova interface, melloras que van na liña de descubrir lugares (i.e. locais) e transporte / tráfico. Mais tamén, con esta actualización pérdense importantes funcionalidades como os relacionados con ubicación (Latitude, historial de ubicacións…) e cos mapas personalizados (os mapas que facemos con marcadores).
A actualización deberíavos ter chegado xa ou estar a piques de recibila se tedes un dispositivo con Ice Cream Sandwich ou Jelly Bean. De todos os xeitos, se non vos gusta e queredes seguir conservando as funcionalidades perdidas podedes non actualizar ou desactualizar.

Sobre o autor

2 Comments

  1. canselleiro 10 Xullo, 2013 Responder

Reply