Asus presenta a súa nova tablet, MeMO Pad HD 7

Asus vén de presentar a súa nova tablet, a MeMO Pad HD 7, un trebello pensado para o entretemento multimedia mais tamén para o traballo en mobilidade.
Conta cunha pantalla HD de 7 polgadas con resolución de 1280 x 800, 1 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna ampliábeis por microSD de até 32 GB. Ademais, tamén dispón de dobre cámara, de 5 e 1,2 megapíxeles. Os altavoces incorporan tecnoloxía SonicMaster, enxeñería da propia Asus que aseguran ten unha gran calidade estéreo.
Estará dispoñíbel a comezos de agosto en varias cores (branco, azul, verde e fucsia) e con diversos accesorios, como a funda TransCover, coa que se pode, ademais de protexela, poñer a tablet en posición semivertical para traballar.

Sobre o autor

Reply