Cando o río sona… auga leva. E o mundo tecnolóxico non ía ser menos. Se xa había rumores arredor do Moto X, o primeiro terminal de Motorola logo da adquisición por parte de Google agora temos fotos máis que relevantes.
E é que nin máis nin menos ca Eric Schmidt, quen até non hai moito foi CEO de Google, deixouse cazar falando por un dispositivo descoñecido e fabricado por Motorola.
Tocará agardar pola súa presentación, mais a aposta de Google por este terminal parece segura, pois estase a falar dunha campaña de promoción de máis de 500 millóns de dólares. Case nada.