Plantronics BackBeat 903+, uns auriculares Bluetooth perfectos para facer deporte

Moita xente non concibe saír a facer deporte sen música, ben sexa como fonte de motivación, ben como acompañante. Tanto para eles como para quen non queira perder ningunha chamada, os Plantronics BackBeat 903+ que hoxe vos queremos presentar poden ser unha boa alternativa.
O funcionamento dos mesmos é semellante ao resto de gadgets que se conectan por Bluetooth: unha configuración sinxela e xa temos os auriculares vencellados ao noso smartphone. A diferenza está na chea de opcións que permite, pois, por exemplo, ten alertas de voz para informar do estado de batería, entre outras.
Incorpora tecnoloxía AudioIQ, coa que consigue reducir o ruído ambiental para obter maior nitidez no audio. Isto non só deriva en calidade nas chamadas, senón tamén cando reproducimos música desde o noso dispositivo.
Os botóns de control distribúense en ambos auriculares, quedando reservado o esquerdo para descolgar, acendido e volume / cambio de pista e o da dereita para control da reprodución (play/pause). No que ten a ver coa duración da batería, nas probas que fixemos conseguimos entre 6 e 7 horas, dependendo do número de veces que o empreguemos de cada vez.
Os Plantronics BackBeat 903+ pódense adquirir en tendas como MobileFun, grazas a quen puidemos facer esta análise, que os comercializan por 58,99 €. Podedes atopar máis información nesta ligazón.

Sobre o autor

Reply