O HTC One recibe a actualización a 4.2.2 e certificación HTCPro

HTC vén de anunciar a actualización do seu terminal de referencia, o HTC One, á versión de Android 4.2.2 (Jelly Bean), que ademais tamén inclúe melloras en Sense 5.
Así, o sonado BlinkFeed integra agora Instagram e unha maior flexibilidade á hora de deseñar a pantalla de inicio, o que deriva nun nível de personalización superior.
Outro aspecto mellorado con esta actualización é o multimedia, cunha canle de música e funcionalidades avanzadas na cámara (bloqueo de enfoque, exposición…). Tamén se incorporan os servizos DayDream, Quick Settings e aplicacións para o bloqueo de pantalla.
HTCPro
Doutra banda, a EMEA vén de recibir a certificación HTCpro Certified, que responde ás esixencias de seguridade e flexibilidade que precisan os usuarios profesionais.

Sobre o autor

Reply