O Moto X será presentado o 1 de agosto en New York

Fin das especulacións.
O convite que Motorola está enviando aos medios non deixa lugar a dúbidas: o Moto X será presentado en New York o vindeiro 1 de agosto. A dicir verdade, pouco sentido tería a estas alturas tratar de manter o factor sorpresa cun terminal que foi cazado tantas veces polas cámaras, aínda que nos gustaría pensar que nos descubrirán algo novo.
Con este convite aclárase tamén que o evento de Google do 24 de xullo non ten que ver con Motorola, polo que todo apunta a que ese día veremos Android 4.3 e unha versión renovada da tablet Nexus 7. Se a rumoroloxía é certa, poderíase ter unha RAM de nin máis nin menos ca 4 GB.

Sobre o autor

Reply